Xornada de Promoción do Polo Ibérico Transfronteirizo de Biotecnoloxía  Biopolo Sionlla – Santiago de Compostela

Xornada de Promoción do Polo Ibérico Transfronteirizo de Biotecnoloxía Biopolo Sionlla – Santiago de Compostela

Do 17 de outubro de 2025 ao 31 de xullo de 2026

O evento, promovido polo IGAPE e enmarcado no proxecto IBERO_BIO, tivo unha duración aproximada de cinco horas e reuniu a un total de 44 participantes, entre os que se atopaban representantes institucionais, empresas biotech, centros de coñecemento, entidades de innovación e outros axentes clave do ecosistema.

A xornada deseñouse cun enfoque dinámico, participativo e orientado á interacción, combinando a exposición de resultados e ferramentas do proxecto con espazos de diálogo e networking.

Para fomentar a participación activa, o evento estruturouse mediante unha disposición por córneres temáticos, concibidos como áreas específicas onde os asistentes puideron interactuar directamente cos responsables do desenvolvemento de cada ferramenta, coñecer as súas aplicacións prácticas e compartir experiencias. Así mesmo, tras a presentación de cada ferramenta, utilizouse a plataforma interactiva Mentimeter para recoller o feedback inmediato dos participantes, permitindo identificar o interese, utilidade percibida e potencial de aplicación de cada recurso no ámbito empresarial.

Contouse cunha estación permanente de café e té que fomentou o intercambio informal entre os asistentes, e unha comida networking ao peche do evento, concibida como espazo para consolidar contactos e promover colaboracións futuras.

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494